Camiñando polo aire as miñas pegadas
deixan no orballo ronseis modernistas
[que endexamais puideron superar o pasado
Chamábanme Auga se corría núa até as orellas
humedecendo cada célula daquela seda das gaivotas
"Cardenio, te has equivocado..."
Non foi a morte a que mudou a miña sorte,
senón o rubor prateado da Caprichosa
percorrendo os meus xeonllos
Unha espiral bucólica de sementes
sen esperanza de vida
Cando van cantar os lagos onde afogou a Lúa
[...]
Vivirei antes de que o Reino dos Cen Soles estale no meu peito
Morrerei cando un bico de amor se estrele contra o meu leito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario