Traxe prateado
que tantos brazos rodean
Tormenta nos seus ollos
e neve no seu pétreo corazón
Ela observa a noite estrelada
antes de dicir adeus
Vinteún veráns esperando ese momento!
E a hora da longa viaxe chegou
Fin da espera da vidrosa nave
Que fai xogo cos seus iris
e as súas bágoas contenidas
Apenas dez segundos, it’s the final countdown!
E o despegue arríncaa do seu planeta
na busca doutras formas de vida
[e do significado da súa propia,
voluntaria para atopar algo de cor no seu pálido rostro
Ela vese arrastrada por outros mundos
Por Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno,
que lle causan unha indiferencia total.
Chega o turno dos planetas ananos:
Plutón, que non logra atopar a Proserpina
Eris, que non podería provocar máis discordia na urxente astronauta
E Ceres non permite que Hades enoiteza a súa filla
Ela percorre o espacio durante
Noventa días e noventa noites
Mais non hay morriña que poida sentir
Non quere sentir
Porque non lle gusta o que cree
Tarde nonaxésimoprimeira, ela esperta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario