A Vida
[...]
Universo baleiro que só eu podo encher
Ondas do mar de Vigo que embisten furiosas contra a pétrea Coruña
Pensar co corazón -e seguir os latexos da cabeza...
A Vida
[...]
Un cuarto pentadimensional que só eu podo adornar
Con soños e recordos
desta longa viaxe
Tatuarme corazóns partidos de cor negra no ombreiro
E nas paredes graffitear a palabra QUÉROTE
en alfabeto kanji
A Vida
[...]
Funerais constantes
(a Morte forma parte da Vida)
Eternas vodas
Hoxe caso coa Estatua da Liberdade!
Aceptando o meu espírito utópico
Porque sendo utópica aprendín a voar
E voo da man da miña alta e fermosa esposa
de lúa de mel a NEW YORK CITY
E bico a miña Estatua cos ollos cheos de bágoas
Déixome levar polo xélido vento
e pola furia do Mar
[...]
Só lle pido á Vida
Poder encher o Universo co meu mundo ideal
Onde volvan a inventar os teus ollos cristalinos
Onde o vermello sobreviva nos infernos onde eu o leve
Onde o negro sexa
o profeta
da Vida!
No hay comentarios:
Publicar un comentario