Polos anacos das caricias perdidas
E chegas ao lago divino
No que o da pipa te recolle coa súa barca
Tes que pagarlle a viaxe cunha rosa acendida
This
world
is
on
fire
Levando áncoras!
Arrincando motores!
As estrelas, sempre as estrelas, míranvos con morriña desde o fondo do mar
Dous guerreiros ao timón! Ata as sereas son vosas
E non hai ronseis que sirvan a carón do filo de ambas as almas
[...]
E agora, tomas un respiro e miras abaixo
Sabes que tes o sol facendo piruetas con dous puñais
Un, cravado na proa
Outro disposto a volverse chuvia
E os tritóns choran sal mentres vos afastades
E as súas dez doces bágoas tórnanse mil remolinos de cor
E son as estrelas as que augurian o voso destino egoísta
Dieci, nuove, otto, sette
E narraredes épicas fazañas voando sobre terra firme
Sei, cinque, quattro, tre
El da unha calada fugaz a súa pipa; ti vas armada co teu pícaro sorriso
Due
Dous guerreiros ao timón!
Uno
Derradeira mirada cara atrás...
It's the final countdown!
No hay comentarios:
Publicar un comentario