Luces que cambian de cor
Un Sol que profetiza tormenta
Calor que provoca o desexo do lume
Terremoto global
[…]
Pés que avanzan paseniño
Loita efémera
Xuventude versus experiencia
Pés que escalan montañas!
Mans que desenvainan!
Ollos que ven!
Corazón… que pensa e cerebro que sente…
Ollos que ven e non miran
unha realidade distorsionada, incerta
como nun xogo de rol, os bugs
Loita a morte contra o xefe final!
Nivel dezanove!
Dezanove vidas consumidas
e toda a eternidade por diante
Viaxe nun transatlántico de cristal
Desde Coruña ata NEW YORK
De Nova York a TOKIO nun portal endecadimensional
mens insana
in corpore sano
No hay comentarios:
Publicar un comentario