sábado, 4 de marzo de 2017

Ronseis

Pegadas de ollos verdes, decide onde está ela
Onde voa, onde mora, se algún día se fixo lenda
Lenda acerca dunha loitadora de dourado cabelo
que sempre foi quen de gañar
cada batalla sen armas, cada debate sen palabras



Quedan na miña alma ronseis do seu sorriso,
branco como a neve que cobre o meu cabelo
É xélida, mais arde co recordo
               da súa mirada de ton esmeralda

Hai ecos da súa voz nos meus ollos xa secos,
que un día foron cantos torrenciais pola súa partida
Hoxe na miña cabeza hai unha samba e non unha elexía
E foi ela a que soubo dicirme como voltar a camiñar

Once meses, once pasos cara esa melodía
que roubou a luz do sol
                                [...]


Pegadas de ollos castaños, mostrádeme o seu sorrinte reflexo...
Que esta rebelde alegría
me recorda aos ronseis da súa mirada de ferro
E o -k do seu nome

     soa como a forza de vivir sen medo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No os perdáis...

F.E.M.M.E.

Denme una sola razón para olvidarme de escalar la montaña más alta del firmamento al que estoy destinada. Díganme que me ven sucia, que qui...

Los más leídos: