lunes, 5 de septiembre de 2016

Concepto sen verbas

Núa noite de verán que molla e engancha
A soidade leitosa que de prateado empapa
Desde o pulsador ata o corazón percorrendo a miña espalda…

Sacar o título de Licantropía con todo suspenso
Deambular atopando purpurina no medio do deserto
Xemidos robóticos
                                (Caen as miñas naves por este barranco)

Aullidos de versos góticos
Cadáveres supersónicos

Pero… miña Diva errante, quen cres que son?
Quen cres que é miña muller?
Unha esposa por cada colina que eleva o meu grito ao Inferno
Foi unha unión sacrificada polo tempo
Que a túa tenra boca me torture, iso é todo canto desexo
     ‒E segue berrando
     ‒E berra chorando

Explosións de confeti cara as nubes
Chorar entre risos a sorte que tiven
Rir con saloucos de aquilo que piden
Tremor de catro pernas
Por volverme unha unidade contigo
Sentir que o teu peito é o meu Paraíso
Sermos defuntas sen cadeas e aprisionar bonecas a moreas
Mentres que o castelo está protexido polos camións cos que xogabamos de nenas

E tomar aire, por fin, no teu fráxil vaso de auga
Apretando botóns vermellos no mando da dinamita
Desde o pulsador ata o corazón percorrendo a túa espalda…

Quen cres que son?
Quen cres que é miña muller?
     ‒E segue berrando
     ‒E berra chorando

Unha esposa por cada colina que eleva o meu grito ao Inferno
Foi unha unión sacrificada polo tempo
Que a túa tenra boca me torture, iso é todo canto desexo

Continuar a viaxe cara o final da cova
Dispáranse nas miñas pernas as placas tectónicas!
Voglio diventare il Fuoco con te, bugiarda pericolosa
                           [Definición dentro da definición…
                             Amor: lingua que xa ninguén fala
                                         Bicos perdidos no aire
                                         E a terceira acepción
                                               Quen sabe]
A aparición dunha caótica orquestra a través dos teus beizos
Hai mordiscos rogándome que aprenda a deter este momento
Agora que as miñas papilas gustativas tantos átomos pilosos intentan memorizar

Mais tras todos estes susurros de volcán
A Verdade sempre leva a cabo o seu plan
Ambas heroínas de despeiteadas guedellas
Nunha letal melodía ante a cal os escuros tapan orellas
Pericolosa, non ti lascerai mai
                        Que o tempo
                               continúe a se derramar
                                                      correndo…
                                                      Nos nosos muslos mediante bágoas escravas

Que observen ao seu abdicado monarca tras retirarnos o saúdo
Desde o pulsador ata o corazón desintegrando a nosa espalda
Sobran as verbas!
Para definir esta supersticiosa éxtase de trece segundos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No os perdáis...

F.E.M.M.E.

Denme una sola razón para olvidarme de escalar la montaña más alta del firmamento al que estoy destinada. Díganme que me ven sucia, que qui...

Los más leídos: