martes, 19 de septiembre de 2017

Licor



Podo tenderte a man para que non volvas caer en min
Para que só te lances polo teu propio baleiro celestial
Mais xa non quero buscar os teus bicos
nin o teu perfume de boneca valente,
derreterme ao teu carón...
nin tentar naufragar no teu sorriso afogado

Non desexo que todo remate por ti
Soamente quero observarte sen pestanexar,
roubar un pouco dese verdor da túa mirada
para voltar esmeralda algún anaco dos meus versos
(tan inocentes eles, saíron a súa nai)

Prométemo...
Prométeme que esta vez deixarás que me vaia

Preciso dalgún mar que non teña compaixón de min
para poder deixar nel tódalas veces que tanto te quixen
           Porque tanto te quixen
que sei que sen ti debo aprender a vivir
cun baleiro celestial no meu corazón
                                                 [...]


Podo tenderte a man para que non volvas quererme
...
Só unha vez máis,
que comeza a facerme efecto o licor que levas dentro

             Néctar para as deusas, a miña morte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No os perdáis...

F.E.M.M.E.

Denme una sola razón para olvidarme de escalar la montaña más alta del firmamento al que estoy destinada. Díganme que me ven sucia, que qui...

Los más leídos: