miércoles, 11 de enero de 2017

Voa






Escribo nun folio desesperado
Non sei se a Noite me pode oír
Palabras que rematarán en ningures
   Polo que ninguén sabe
Se o Ceo se queixa de vicio ou de fame
Mais conseguín cortar as miñas ás no teu colo
(Dear Lovely, it's me again)

A Nostalxia morreu

Mo dixo Neptuno mentres choraba na miña voda
                                           cunha Onda do mar de Vigo

                                           Now, we are living in Nothing


E sigo sen entender as túas bágoas sobre a miña alianza de xoguete
Quizais te manquei ao tomarte bruscamente da man
E é a miña mente a que voa
      a través dunha apocalipse que zoa
      Voa, voa, bolboreta!
               Que es, neste caos, o mais similar a unha persoa

Eu ría a gargalladas antes de tirarme polo cantil
(Dead Lovely, it's me again)
E continuarei a buscar os teus ollos grises
           nos grises ronseis do mar
                                              [...]


A Nostalxia morreu


Xa é hora de que o loito vista de vermello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No os perdáis...

F.E.M.M.E.

Denme una sola razón para olvidarme de escalar la montaña más alta del firmamento al que estoy destinada. Díganme que me ven sucia, que qui...

Los más leídos: