domingo, 24 de julio de 2016

2009

Eles sinálante co dedo
Envelenan a túa beleza de ferro
Bágoas máis grandes que os deuses do Olimpo
Olímpico medo, ese único recurso de dar un grito sen berro

                           Sangue nos beizos
                           Gretas no espello
                           Espellos sen alma
Só marcas de beizos                      no filo da espada

‒Non toquedes nada! Ten toneladas de graxa contaminada!
Ou será que non cabe tanta fermosura nesa talla?
A sociedade, tremenda besta!
E a humanidade, chorando a morte dunha estrela
Estrela tallada en cor esmeralda

Mais xa marchou a esperanza...
Porque eles sinálante co dedo
A ritmo de reggaetón as súas almas con mancha
Almas sen espello onde mirarse
Onde ver toneladas de escuridade contaminada

Porca miseria!
E a espada se detén sobre a cabeza do reo
Recurso único!, lanzar ao abismo un grito sen berro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No os perdáis...

F.E.M.M.E.

Denme una sola razón para olvidarme de escalar la montaña más alta del firmamento al que estoy destinada. Díganme que me ven sucia, que qui...

Los más leídos: